Saltar ao contido principal
Todos os vehículos emiten máis CO2 do que declaran
As emisións reais dos automóbiles na estrada multiplícanse por cinco respecto dos valores obtidos durante a homologación
A Organización de Consumidores e Usuarios ( OCU) asegurou que todos os vehículos emiten máis dióxido de carbono (CO2) que os valores que declaran na súa homologación, debido, en parte, a que a norma permite unha serie de "modificacións" aos coches que van ser homologados que fan que o resultado sexa "máis optimista" que se se realizase o mesmo ciclo nun laboratorio independente sen modificacións.
Tal como explica a organización nun comunicado, usar lubricantes especiais, equipar pneumáticos sobre inflados ou desconectar o alternador son algunhas das modificacións permitidas e a razón "principal" pola que todos os modelos que analizou OCU emiten máis dióxido de carbono (CO2) que os valores declarados.
En canto ás emisións de óxidos de nitróxeno ( NOx) e partículas, a actual norma en vigor (Euro 6) fixa uns límites máximos de emisións destes contaminantes. Tras as probas realizadas por OCU en laboratorios a coches saídos do concesionario sen modificar, o 41% dos vehículos pasaba os límites de partículas, mentres que o 27% dos modelos superaba o máximo legal de NOx.
Comentarios
Publicar un comentario