Retirar os envases dun só uso dos supermercados

Estanterías refrigeradas de un supermercado / Foto: Pixabay Greenpeace lanzou unha petición na súa páxina web demandando aos supermercados que eliminen os envases de plástico dun só uso dos seus produtos xa que, segundo informou a ONG, supoñen un "problema ambiental" que só pode solucionarse de forma efectiva se se traballa desde a produción. Neste sentido, sinala que os supermercados teñen a maioría dos seus produtos envasados, ofrecendo "escasas alternativas aos consumidores". Por iso, ao seu xuízo, poden cambiar a situación ofrecendo produtos a granel e outras alternativas aos plásticos. Segundo precisa, a produción e o consumo de plásticos segue aumentando cada ano a un "ritmo alarmante" e estímase que ata 12 millóns de toneladas chegan aos océanos cada ano e debido a unha xestión de residuos deficiente "que se refugan de forma irresponsable", hoxe día pódese atopar plásticos "en calquera recuncho do planeta".

Comentarios

Publicacións populares