Pechar as nucleares duplicaría o CO2 do sector eléctrico

Complejo atómico de Trillo, Guadalajara / Foto: EP-CNAT A Comisión de Expertos sobre escenarios para a Transición Enerxética estima que o peche adiantado das centrais nucleares duplicar as emisións de CO2 no sector eléctrico e elevaría o prezo da electricidade nun 20%. A comisión presentou este luns 2 de abril as conclusións do seu traballo ao Goberno. O documento, entregado polo presidente da comisión, Jorge Sanz, ao ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, Álvaro Nadal, contou cun elevado nivel de consenso (11 votos a favor e 3 abstencións), o que pode convertelo nun instrumento de referencia para a discusión da futura lexislación para a loita contra o cambio climático. Ademais, os expertos consideran que alongando a vida das centrais en 10 anos evitaríase o desequilibrio entre ingresos e gastos do Fondo de Enresa previsto para o desmantelamento das centrais. Tamén sinalan que, dado que é o Consello de Seguridade Nuclear o único organismo competente en materia de seguridade nuclear e protección radiológica, correspóndelle a el determinar a capacidade técnica de cada instalación para continuar a súa operación en condicións de seguridade. Así, concretan que o peche das centrais nucleares, supoñería un incremento das emisións de CO2 do sector eléctrico entre 9,6 e 15 MtCO2, o que equivalería a duplicar os seus niveis respecto do ano basee; incrementaríase o prezo do mercado eléctrico ao redor dun 20% (entre 2.000 e 3.000 M€ ao ano); non incrementaría a cota de renovables de forma significativa (do 29,7% actual a 30,6%) e o índice de cobertura da demanda máxima de potencia, en certas condicións extremas, podería caer ata 0,86 (cando o obxectivo é 1,1), o que esixiría acometer investimentos en potencia firme adicional. A Comisión de Expertos propón, ademais, que o Goberno revise canto antes o Plan Xeral de Residuos Radioactivos para reducir a incerteza que pesa sobre o equilibrio financeiro do Fondo co que se cubrirá o futuro desmantelamento das centrais nucleares e a xestión dos residuos. Ademais, lembra que o valor da taxa que nutre o fondo co que se financia o plan non se modificou desde a súa entrada en vigor no ano 2010, e que durante o período transcorrido desde entón ENRESA, en e unha redución da taxa de desconto debido á evolución dos mercados financeiros. Por iso, considera que resulta necesaria unha revisión do valor da mesma para evitar a xeración de déficits e, en consecuencia, poder dispoñer dos recursos necesarios para facer fronte ás responsabilidades futuras. "O seu valor actual (6,69€/ MWh) resulta insuficiente e, por tanto, dá lugar á xeración dun déficit para o escenario de vida de 40 anos contemplado no vixente PGRR", aseguran. Os sete reactores en operación, que representan aproximadamente o 7% da potencia eléctrica instalada, xeraron en 2016 o 21,39% da produción eléctrica total, resultando a primeira fonte de xeración en España. Esta participación foi do 11,5% a nivel mundial e do 27,7% a nivel da UE.

Comentarios

Publicacións populares