Un estudo revela como as plantas senten o mundo que as rodea

Centos de proteínas permítenlles 'ver', 'oír', 'cheirar' e facer fronte a perigos ambientais como os patógenos ou alteracións climáticas

Flores de 'Arabidopsis thaliana', la especie que fue objeto del estudio / Foto: Wikimedia Un reducido grupo de proteínas crave interactúa entre si para establecer a forma en que as plantas mostran sensibilidade ante o mundo que as rodea, segundo o primeiro mapa que as describe. As plantas carecen de ollos e oídos, pero aínda así poden ver, oír, cheirar e responder os sinais e perigos ambientais, especialmente aos patógenos virulentos. Fano coa axuda de centos de proteínas de membrana que poden detectar microbios ou outras tensións. Só unha pequena porción destas proteínas sensibles estudouse a través da xenética clásica, e o coñecemento sobre como funcionan estes sensores formando complexos entre si é escaso. Agora, un equipo internacional de investigadores creou o primeiro mapa de rede para 200 destas proteínas. O mapa mostra como unas poucas proteínas crave actúan como nodos mestres críticos para a integridade da rede, e o mapa tamén revela interaccións descoñecidas. "Este é un traballo pioneiro para identificar a primeira capa de interaccións entre estas proteínas", sinala nun comunicado Shahid Mukhtar, profesor asistente de bioloxía na Universidade de Alabama en Birmingham (Estados Unidos), participante no estudo. "A comprensión destas interaccións podería conducir a formas de aumentar a resistencia dunha planta a patógenos ou outras tensións como a calor, a seca, a salinidade ou o shock frío. Isto tamén pode proporcionar unha folla de ruta para estudos futuros de científicos de todo o mundo". O equipo internacional, con membros en Europa, Canadá e os Estados Unidos, foi dirixido por Youssef Belkhadir, do Instituto Gregor Mendel de Bioloxía Vexetal Molecular, en Viena (Austria). O estudo foi publicado na revista Nature.

Comentarios

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  3. Estupendo traballo o que estás realizando, Ainoa. Moi interesante a temática e moi coidada a presentación. Melloraches a túa actividade respecto á primeira avaliación. A mellorar tamén na avaliación final!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares