Plástico na auga potable

Un estudo atopa microfibras deste material en máis do 80% das mostras da subministración da billa dunha decena de países dos cinco continentes

Los sistemas de tratamiento no consiguen eliminar las fibras / Foto: Arcaion

Xa sabiamos que a totalidade dos mares e océanos do planeta están contaminados por cantidades inxentes de plásticos de todos os tamaños. Pero o alcance desta praga alcanzou tamén a auga da billa. Mostras da subministración doméstica de auga potable tomadas en máis dunha decena de países dos cinco continentes para un estudo científico revelaron a presenza de microfibras de plástico nun 83% dos casos.
O descubrimento realizado por investigadores da Facultade de Saúde Pública da Universidade de Minnesota (Estados Unidos) por encargo da organización Orb Media presentado no informe titulado Invisibles. O plástico dentro de nós revela a existencia dun novo perigo para a saúde pública ante o que as autoridades deberán tomar medidas. As reducidas dimensións dalgunhas partículas, que poderían alcanzar a escala nanométrica (a milmillonésima parte dun metro), o que lles permitiría penetrar no interior das células, e o feito de que poidan trasladar substancias químicas tóxicas ou microorganismos patógenos puxeron en estado de alerta aos expertos.


Os índices de contaminación máis elevados presentáronos as mostras tomadas nos Estados Unidos, onde ata un 94% das mesmas presentaban fibras de plásticos, incluídas as que se recolleron na auga corrente do edificio do Capitolio (que alberga o poder lexislativo), a Torre Trump e, nunha especie de ironía da historia, ata a mismísima oficina central da Axencia de Protección Ambiental (EPA, nas súas siglas en inglés), actualmente dirixida por abertos negacionistas do cambio climático e partidarios de facer retroceder os avances lexislativos en favor do medio ambiente.

Tras Estados Unidos, os índices máis elevados de presenza de plásticos na auga detectáronse en Beirut (Líbano), cun 94% de presenza, e en Nova Deli (India), cun 82%. En Kampala (Uganda) había plásticos nun 81% das mostras analizadas. Os niveis máis baixos rexistráronse nas redes de distribución de auga europeas, a francesa, a británica ou a alemá, aínda que nalgúns casos mostraron plásticos nun 72% das tomas estudadas. Pero mentres que o índice de contaminación por cada 500 mililitros era na auga estadounidense de 4,8, nas europeas non superaba o 1,9.

Comentarios

  1. Estupendo traballo, Ainoa. Moi interesante, moi ben presentado,... Noraboa e a seguir así!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares