Fertilizantes que destrúen

Un informe da ONG Grain denuncia que a industria destes produtos domina as negociacións sobre cambio climático, do que é un dos principais responsables

La producción de fertilizantes, sobre todo los nitrogenados, consume una gran cantidad de energía / Foto: Oticki
Os fertilizantes son un dos grandes e máis descoñecidos causantes do quecemento global. Un recente informe da ONG Grain pon de manifesto que as compañías que os producen apropiáronse das negociacións globais sobre cambio climático e agricultura, nas que inflúen de maneira notable para defender os seus intereses. A súa responsabilidade na emisión de gases de efecto invernadoiro provenientes da agricultura é tal que Grain non dubida en cualificalas como "as Exxons da agricultura", por ser o equivalente ás petroleiras no mundo alimentario.

Recentes estudos citados por esta organización destacan que os produtos destas compañías poden ser responsables de ata o 10% da emisión global de gases con efecto invernadoiro, é dicir, o equivalente ao total de emisións procedentes de todos os automóbiles e camións que circulan por Estados Unidos. A iso habería que engadir os danos causados nos cursos de auga, nos chans e na capa de ozono.

Causan ata o 10% da emisión global de gases con efecto invernadoiro
De feito o estudo demostra que a incidencia dos fertilizantes no cambio climático, de maneira xeral, é pouco comprendido e subestimado en extremo. Ademais dos factores xa indicados, do seu impacto unha vez xa aplicados nos campos, Grain sinala que a produción de fertilizantes, en especial dos nitrogenados, require dunha enorme cantidade de enerxía.

Segundo algúns cálculos, a produción de fertilizantes é responsable do 1 ao 2% do consumo global de enerxía, e emite a mesma proporción de gases con efecto invernadoiro. Todo iso resulta máis que preocupante se temos en conta que as previsións apuntan a que a produción de fertilizantes nitrogenados crecerá ao redor dun 4% anual durante os próximos 10 anos.

Os fertilizantes obtéñense no seu maior parte a partir do gas natural. Como consecuencia diso, as grandes compañías produtoras invisten inxentes cantidades en desenvolver a técnica da fractura hidráulica (coñecida como fracking), co obxectivo de dispoñer dunha fonte de enerxía barata. No proceso da fractura hidráulica, que comporta riscos para o medio ambiente e para as persoas, pérdese entre un 40% e un 60% máis de gas metano que nos pozos de gas natural convencionais. O gas metano é 25 veces máis potente que o CO2 como gas de efecto invernadoiro.

Comentarios

Publicacións populares