Enerxía solar de noite

As centrais termosolares de concentración (CSP) esténdense polo mundo grazas á súa capacidade de almacenamento que permite producir electricidade cando non hai radiación  

La planta de torre PS10, de 11 MW de potencia, ubicada en Sevilla / Foto: Afloresm - Wikipedia
As plantas termosolares de concentración (CSP nas súas siglas inglés) aparecen como a tecnoloxía que pode converter definitivamente a enerxía solar nunha alternativa real ás fontes non renovables. Diversos países están a incentivar a construción deste tipo de centrais, que non deben confundirse coas fotovoltaicas.
China chegou a un acordo coa empresa californiana SolarReserve para construír unha planta de 1000 megawatts (MW) con capacidade de almacenamento. O obxectivo deste país é chegar aos 10.000 MW nos próximos anos, co que se reducirían notablemente as súas emisións de carbono. SolarReserve tamén construirá unha planta deste tipo en África, na provincia do Cabo Setentrional (Sudáfrica), de 100 MW de capacidade, e a primeira e este tipo en Chile, de 260 MW. Abengoa, a empresa española construtora de boa parte das centrais termosolares no noso país (e que loita actualmente por deixar atrás os seus problemas económicos), tamén está a construír unha planta no deserto chileno de Atacama. Pola súa banda, Dubai tamén se embarcou nunha construción do mesmo tipo que lle levará a dispoñer de 1.000 MW en 2030.

A primeira termosolar do planeta de uso comercial inaugurouse en España en 2007
España construíu a súa primeira planta termosolar en 2007 (Solúcar PS10 en Sevilla) e en 2013 xa contaba con máis de 50, cunha potencia por encima dos 2.000 MW. O noso país está considerado como un dos líderes neste tipo de tecnoloxía, xunto con Estados Unidos. Precisamente, unha das maiores plantas solares do mundo é a de Crescent Dunes, que se atopa en Nevada e foi construída por SolarReserve. Actualmente, no mundo pódense xerar 4.940 MW anuais de enerxía basee por medio deste tipo de plantas.

Con todo, as centrais termosolares de concentración non se poden considerar algo realmente novo. Esta tecnoloxía coñécese desde finais do século XIX e principios do XX, pero non se empezaron a construír plantas ata os anos 60 do século pasado. De feito, non foi ata hai uns anos que os prezos desta tecnoloxía foron descendendo de forma constante e o mercado da enerxía decidiu apostar por esta forma de producir electricidade. Foi en España onde se inaugurou en 2007 a primeira planta termosolar do mundo de uso comercial (a PS10) que aínda funciona e prové de enerxía a 25.700 fogares, evitando a emisión anual de 31.200 toneladas anuais de CO2 á atmosfera.

SolarReserve explica na súa páxina web que unha planta deste tipo utiliza a enerxía solar e non require de combustibles fósiles, fornece electricidade segundo demanda, de maneira moi similar a unha central nuclear, de gas natural, de petróleo ou carbón, coa excepción de que non xera emisións de carbono nin refugallos perigosos, e utiliza pouca auga. É dicir, todo boas noticias para o medio ambiente.

Comentarios

Publicacións populares